Entrevistas

A semana pasada fomos facerlle unha entrevista aos xogadores do equipo de fútbol do Compostela para saber que hábitos saudábeis teñen e como comezaron a xogar a este deporte. A continuación, podedes ver as fotos e as respostas que deron os xogadores ás nosas preguntas.


1.Como se che ocorreu ser futbolista?
Xogador 1: Comecei xogando nun equipo de base da miña vila e, despois, seguín en categorías superiores ata que me fichou a Sociedade Deportiva Compostela. Estou moi contento por estar neste equipo porque é o que quixen desde pequeno.

2.Dende cando practicas deporte?
Xogador 2: Levo xogando ao fútbol toda a vida; no meu barrio todos os nenos saíamos a xogar á rúa e pasábamolo xenial. Tempo despois decidín converter a miña afección no meu traballo e comecei a xogar nun equipo profesional do meu país. Agora estou en Santiago moi agusto, aínda que me gustaría que chovese un pouco menos.   

3.Algún familiar teu era deportista?
 Xogador 3: O meu pai xogaba tamén ao fútbol, pero non chegou a ser profesional. En xeral, todo o mundo xoga ao fútbol de pequeno porque se trata dun deporte moi popular. Seguro que vos tamén xogades ao fútbol no recreo, non é? Pois nos tamén o facíamos. 

4.Gústache o teu equipo ou prefirirías ir para outro?
Xogador 2: Eu estou moi contento no Compostela. Os meus compañeiros creo que tamén.

5. Lévaste ben cos teus compañeiros?
Xogador 1: Como en calquera grupo de persoas, temos máis afinidade con algún compañeiro que con outro, pero en xeral levámonos todos moi ben. Supoño que a vos tamén vos pasará que vos levades algo mellor con algúns compañeiros/as que con outros/as, pero en xeral todos vos levades ben e xogades xuntos/as.

6.Que se sinte ao estar no campo?
Xogador 3: Depende do partido, pero en xeral sentimos nervos ao comezo do partido e despois moitas gañas de xogar e intentalo facer o mellor posible.

7.Cantas veces entrenas ao día?
Xogador 1: Entrenamos todas as mañás, durante catro horas aproximadamente. Temos sesión de campo e de ximnasio porque temos que ter unha boa condición física para poder xogar.

8.Como te sentes ao gañar un partido?
Xogador 2: Moi feliz e contento porque iso é o que desexamos todos os xogadores do equipo, gañar o maior número de partidos.

9.Que se sente ao marcar moitos goles?
Xogador 3: Moita alegría porque iso supón que temos máis oportunidades para gañar o partido.

10.Como se fai para ser un bo xogador?
Xogador 2: Hai unha parte da calidade do xogador que é innata, pero sobre todo é froito da adicación e do traballo, como en calquera outra actividade.

11.Practicas algún deporte máis ou algunha vez se che ocorreu practicalo?
Xogador 1: Como entrenamos durante tantas horas o resto do día intentamos descansar, pero claro que nos gustan outros deportes.

12.Cantas veces comes verdura a semana?
Xogador 2: En xeral non me gusta moito a verdura, pero si é certo que para ter unha dieta sa e equilibrada é importante comer bastante verdura e froita, ademais de cereais e, en menor medida, outro tipo de alimentos como doces, xa que teñen moitos azucres. 

13.Levas unha vida sa?
 Xogador 3: Intentamos levar unha vida sa, descansamos moito para podernos recuperar do exercicio e intentamos alimentarnos ben para poder ter enerxía durante todo o partido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario